Quen somos
A Casa da Quenlla: alimentando persoas, comunidade e futuro.
A Casa da Quenlla é unha tenda de alimentación ecolóxica situada na emblemática Praza de Abastos de Santiago de Compostela, un espazo vivo onde tradición, proximidade e calidade se atopan cada día.
En A Casa da Quenlla traballamos con produtos ecolóxicos, de proximidade e de tempada, seleccionados con agarimo para ofrecer unha alimentación saudable, sostible e respectuosa co entorno. Cremos no valor do local, no contacto directo coas produtoras e produtores e nunha forma de consumo máis consciente. Máis ca unha tenda, somos un espazo de encontro comprometido: un lugar onde a alimentación se conecta co compromiso social, o territorio e as persoas.
Despois de case 23 anos de percorrido, levado con traballo, profesionalidade, e agarimo pola familia Martínez Vispo, A Casa da Quenlla pasa, dende abril de 2026, a estar impulsada e xestionada pola Asociación Entrelampo, dentro do seu proxecto sociolaboral centrado na creación de emprego para persoas con algún problema de saúde mental. Xunto ca tenda, Entrelampo consegue pechar o círculo do consumo eco de proximidade, grazas á súa horta ecolóxica da Avoa Hortensia, e a explotación avícola para a venda de ovos ecolóxicos "Xema e Clara", no propio concello de Santiago de Compostela.
Produtos ecolóxicos
Produtos de calidade seleccionados con agarimo para ofrecer unha alimentación saudable, sostible e respectuosa con entorno
Produtos de proximidade
Cremos no valor do local, no contacto directo coas produtoras e produtores do noso entorno.
Compromiso social
Xestionada pola Asociación Entrelampo, dentro do seu proxecto sociolaboral para creación de emprego para persoas con algún problema de saúde mental.










